Necesitas axuda?

Que leva a nosa cesta

A nosa cesta inclúe verduras e froitas de tempada, recollidas no seu punto óptimo para garantir o mellor sabor e frescura. Cada semana é diferente, porque seguimos o ritmo natural da terra.

Traballamos principalmente con produción propia, que complementamos con productos doutros produtores de confianza, sempre mantendo altos estándares de calidade.

Priorizamos produtos 100% ecolóxicos, con certificación oficial, cultivados sen químicos e respectando o medio ambiente. En casos moi puntuais, podemos escoller algún produto local sen selo ecolóxico se consideramos que é unha mellor opción pola súa proximidade e calidade. Sempre o indicaremos con total transparencia, porque o máis importante para nós é a confianza.

Produto fresco, san e directo da horta á túa mesa.

Como funciona

Traballamos cunha cesta pechada, que vai cambiando cada semana segundo o que dá a terra.

Nós encargámonos de seleccionar o mellor para ti, para que ti só teñas que recibir e desfrutar.

Subscrición e vantaxes

Se te subscribes recibirás automaticamente unha cesta cada semana cun 20% de desconto.

  • Cesta pequena: 19€ → 15,20€ (aforras 3,80€)
  • Cestagrande: 44€ → 35,20€ (aforras 8,80€)

Podes escoller o tamaño que mellor se adapte a ti.

Ademais, poderás engadir produtos adicionais da nosa páxina web para completar a túa compra, e estes tamén gozarán dun 20% de desconto.

Entrega

Recibe a túa cesta comodamente a domicilio ou no nos punto de recollida.

Servizo dispoñible só en nas Pontes.

Pago e flexiblidade

O pago da cesta realizarase automaticamente cada semana a través da túa tarxeta, unha vez realizado o primeiro pago inicial.

Se queres probalo antes, tamén podes mercar unha cesta sen subscrición.

Para darte de alto ou de baixa...

Vacacións e compromiso

Se algún día te vas de vacacións, gustaríanos que puideses deixar a túa cesta en boas mans, cun familiar ou amigo que a desfrute no teu lugar.

No verán, cando a horta está no seu máximo esplendor, producimos máis e sería unha mágoa que todo ese produto fresco e ecolóxico se perdese.

Pero se non tes a ninguén a man, non te preocupes! Buscaremos a mellor solución para que nada se desperdicie e todo o que a terra nos dá poida ser aproveitado.