1. Acceder ao apartado de PEDIDOS no menú principal da páxina.
2. Se nunca fixeche un pedido deberás rexistrarte, se xa te rexistraches deberás introducir o teu número de teléfono e contrasinal para poder realizar a compra dos nosos produtos ecolóxicos de tempada. Poderás deixar as observacións que consideres oportunas (se necesitas recibir o pedido en un horario diferente ou se prefieres un produto de maior ou menor tamaño).
3. Haberá dúas maneiras de recibir as hortalizas de Bieiteiras: a domicilio ou a través da recollida no Mercado Municipal de As Pontes.
Os pedidos a domicilio serán realizados os luns a través do apartado de PEDIDOS. Estas encargas serán repartidas os martes, de 12:30 a 15:00 horas na zona de As Pontes, para recibir as hortalizas frescas no teu domicilio.
Se prefires poderás recoller o teu pedido o sábado pola mañá no Mercado Municipal de As Pontes, en horario de 09:30 a 13:00 horas. Se escolles este método de pedido poderás realizar as encargas durante a xornada do venres no apartado de PEDIDOS.