OLA


Somos Cynthia e Iván, a nosa horta atópase na parroquia do Aparral, a 7 quilómetros do concello de As Pontes de García Rodríguez.

Dende o 2017 dedicámonos á produción de hortalizas ecolóxicas e venda directa de produtos frescos e de tempada.

Queremos ser as túas labregas de confianza e por iso o trato é tan próximo e directo, se ningún tipo de empresa intermediaria.

AS NOSAS HORTALIZAS


As nosas hortalizas contan coa certificación ecolóxica do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) que recoñece un sistema de produción que busca conseguir alimentos da máxima calidade mediante a utilización óptima dos recursos e sen o uso de produtos químicos de síntese. Respectando o medio ambiente e conservando a fertilidade da terra.

Craega Logo europeo