Condicións xeráis

1. CARÁCTER DO CONTRATO

As presentes condicións de contratación aplícanse á compravenda de produtos na web de BIEITEIRAS.

Estas condicións de contratación redáctanse de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e terán forza de contrato entre as partes unha vez que sexan aceptadas.

As presentes condicións de contratación perfecciónanse en galego.

O contrato e a transacción quedarán arquivados electronicamente.

2. OBXECTO DO CONTRATO

A entidade prestadora de servizos é BIEITEIRAS, TC (en diante BIEITEIRAS) que opera na internet a través do dominio www.bieiteiras.gal e con domicilio a efectos de notificacións en Lg. Aparral de Arriaba, 3, 15327 – O Aparral, As pontes (A Coruña), e número de Identificación Fiscal E16962085.

4. CONTIDOS E INFORMACIÓN FORNECIDA NA PÁXINA

BIEITEIRAS resérvase o dereito para modificar a oferta comercial presentada na súa páxina (modificacións sobre produtos, prezos, promocións e calquera outra condición dos produtos e servizos ofrecidos) en calquera momento.

BIEITEIRAS fai todos os esforzos dentro dos seus medios para ofrecer a información contida na páxina de forma veraz e sen erros tipográficos.

No caso de que nalgún momento se producise algún erro deste tipo, alleo en todo momento á vontade de BIEITEIRAS procederíase inmediatamente á súa corrección. De existir un erro tipográfico nalgún dos prezos mostrados e algún/algunha cliente/a tomase unha decisión de compra baseada no devandito erro, BIEITEIRAS , comunicaralle ao/á cliente/a devandito erro e o/a cliente/a terá dereito a rescindir a súa compra sen ningún custo pola súa banda.

Os contidos do espazo web www.bieiteiras.gal poderían, en ocasións, mostrar información provisional sobre algúns produtos. No caso que a información facilitada non correspondese ás características do produto o/a cliente/a terá dereito a rescindir a súa compra sen ningún custo pola súa banda.

5. COMO PODO FACER UN PEDIDO?

Para realizar un pedido vostede debe ser maior de 16 anos. E deberá crearse unha conta cos seus datos.

A persoa usuaria independentemente do sistema que adopte, pode navegar entre os distintos produtos e seleccionar o que desexe engadíndoo ao seu carriño da compra. Pode engadir tantos produtos distintos ou unidades do mesmo produto como desexe.

Unha vez que desexe finalizar a compra debe pulsar no botón correspondente, para confirmar o pedido.

Antes de finalizar o proceso de pedido a persoa usuaria poderá ver o prezo por quilogramo ou unidade de produto, en función de se o produto se vende por quilogramo ou por unidade.

Confirmado o pedido, poderá descargar un resumo do mesmo, no que se incluirá o prezo e as condicións xerais.

Dentro do interese lexítimo do/a vendedor/a poderemos informarlle sobre as incidencias relativas ao seu pedido a través dos medios de contacto facilitados, incluídos servizos de mensaxería instantánea.

No caso de que a persoa usuaria opte por cancelar as notificacións por medios electrónicos poderá deixar de recibir notificacións importantes relativas ao seu pedido, non facéndose BIEITEIRAS responsable de demoras na entrega por tal circunstancia.

6. DISPOÑIBILIDADE DOS PRODUTOS

BIEITEIRAS garante aos á súa clientela a dispoñibilidade e o prazo de entrega dos produtos que se ofrecen na súa páxina. A entrega dos produtos está suxeita ás modalidades de entrega a domicilio ou recollida segundo se explica na ligazón http://bieieiras.gal/como_mercar.php, dependendo o prazo de entrega da modalidade seleccionada.

Aínda que contamos cunha previsión de produto, que actualizamos na plataforma, ao tratarse de produtos frescos de proximidade, que se deterioran con rapidez, non podemos garantir a dispoñibilidade absoluta de todos os produtos no momento da entrega. Na medida do posible, informarase desta incidencia.

O prezo dos produtos será o que se estipule en cada momento no noso sitio web. O prezo determínase en euros.

7. ÁMBITO XEOGRÁFICO

Dadas as características dos nosos produtos só facemos entregas nos arredores das Pontes. Para outros destinos póñase en contacto connosco en info@bieiteiras.gal ou no número de teléfono 620749875.

8. IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO

Aos prezos dos produtos expostos na páxina web www.bieiteiras.com, inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).

As compras que vaian ser entregadas dentro do territorio de calquera dos estados membros da Unión Europea estarán suxeitas a IVE.

9. FORMA DE PAGO

Os pedidos páganse no momento da recepción ou da recollida polo persoa usuaria, podendo realizar o pago en metálico ou a través de tarxeta de crédito bancaria.

Se ten algunha incidencia coa factura da súa compra pode solicitala a info@bieiteiras.gal.

10. GASTOS, FORMA E PRAZOS DE ENVÍO

As formas de entrega da mercadoría son as descritas en http://bieieiras.gal/como_mercar.php, en ningún caso existen gastos de envío.

A entrega levarase a cabo na dirección sinalada no momento da compra non podendo asumir BIEITEIRAS a deterioración do produto debido ás posibles demoras en caso de ausencia.

11. GARANTÍA DO PRODUTO

Os produtos contan con todas as garantías sanitarias para produtos hortícolas frescos.

12. INCIDENCIAS NOS PEDIDOS E DEVOLUCIÓNS

Ofrecemos a posibilidade de devolver ou substituír parte ou a totalidade do seu pedido no caso de que o produto recibido estea deteriorado. Neste caso BIEITEIRAS correrá cos gastos de devolución e devolveranse os cartos da compra a través do mesmo medio de pago

Se un produto distinto ao solicitado polo/pola cliente/a fose entregado por erro de BIEITEIRAS, entregaráselle o produto correcto sen ningún cargo adicional para o/a comprador/a, correndo neste caso BIEITEIRAS, cos gastos de transporte da devolución no seu caso, así como os correspondentes ao novo envío.

BIEITEIRAS non se fai responsable do mal uso ou manipulación do produto por parte do/a cliente/a e en tal caso, BIEITEIRAS, non procederá á súa devolución.

No caso de que o/a cliente/a detectase algún problema no momento da entrega do seu pedido (embalaxe estragada, falta ou deterioro dalgún produto) debe informar no momento da recepción, ao tratase de produtos perecedoiros, non se aceptarán devolucións posteriores.

Para calquera incidencia relacionada coa devolución de artigos da nosa tenda pode contactar co noso departamento de Atención á clientela vía email a info@bieiteiras.gal.

13. DEREITO DE DESESTIMIENTO

Debido ás características dos produtos de alimentación frescos, que poden deteriorarse ou caducar con rapidez, non é posible exercitar o dereito de desistencia. No caso de produtos precintados, non poderá exercitarse o dereito de desistencia, por razóns de protección da saúde e a hixiene, unha vez foron desprecintados tras a entrega.

14. OBRIGACIÓNS DA CLIENTELA

O/A cliente/a comprométese en todo momento a facilitar información veraz sobre os datos solicitados nos formularios de rexistro da persoa usuaria ou de realización do pedido, e a mantelos actualizados en todo momento, así como custodiar con dilixencia as claves de acceso que se lle proporcionen para o acceso á páxina web.

O/A cliente/a comprométese a aceptar todas as disposicións e condicións recollidas nas presentes Condicións Xerais de Contratación entendendo que recollen a mellor vontade de servizo posible para o tipo de actividade que desenvolve BIEITEIRAS.

O/A cliente/a comprométese a posibilitar a entrega do pedido solicitado facilitando unha dirección de entrega na que poida ser entregado o pedido dentro do horario habitual de entrega de mercadorías ou aquel que lle especifique o repartidor no seu caso. En caso de incumprimento na recepción por parte do/a cliente/a desta obrigación, BIEITEIRAS, non terá ningunha responsabilidade sobre o atraso ou imposibilidade de entrega do pedido solicitado polo/pola cliente/a.

15. PROTECCIÓN DE DATOS E CONFIDENCIALIDADE

Para coñecer a nosa política de protección de datos faga clic aquí.

16. LEXISLACIÓN APLICABLE E FORO

A lexislación aplicable para resolver calquera conflito respecto á interpretación destas condicións é a lexislación española, así como os Tratados Internacionais que subscribise España.

As partes sométense, para a resolución dos conflitos, aos Xulgados e Tribunais que correspondan en función da lexislación vixente.

O/A consumidor/a dispón ademais da posibilidade de acudir ao servizo de resolución de disputas en liña da Comisión Europea.

No caso de profesionais e empresas, as partes sométense, á súa elección, para a resolución dos conflitos e con renuncia a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais do domicilio do/a vendedor/a.

17. COMO POÑERSE EN CONTACTO

Se desexa aclarar calquera aspecto acerca das condicións de uso descritas, pode dirixirse ás direccións indicadas nos datos identificativos do aviso legal.